Aproveitando que este 19 de marzo do 2012 é o bicentenario das Cortes de Cádiz, e da primeira Constitución Española. En Historia de Valdeorras queríamos falar da importancia que tivo a nosa comarca nesas cortes, e mais concretamente o pobo de Vilamartín, grazas á representación do abade Antonio José Ruiz de Padrón, Canario de nacemento, e Vilamartinés de adopción xa que exerceu como párroco desta localidade valdeorresa, e foi o representante electo da provincia de Ourense ante as cortes de Madrid en 1820, e representando as illas Canarias nas cortes de Cádiz de 1812.
![]() |
Ruiz de Padrón de novo (foto: http://ruizdepadron.wordpress.com) |
Recoñezo que xa dende pequeno oín falar deste ilustre párroco liberal, non só por que no pobo teña unha rúa adicada, se non tamén pola súa importancia histórica, pero o ler e descubrir mais sobre a súa vida quedei abraiado. Ruiz de Padrón foi un ante todo un loitador, unha persoa que defendeu os seus pricipios nunha época moi difícil e de importantes cambios sociais, as súas ideas liberais rachaban coas ideas de moitos conservadores en España, por iso non puido evitar crearse inimigos dentro do mapa político e mais eclesiástico, non obstante foi a persoa que conseguiu derrocar a inquisición en España. Antonio foi un aventureiro, viaxou a Cuba, pero unha tormenta desviouno os recen nacidos Estados Unidos de América, onde entablou amistade con Benjamin Franklin e George Washington, isto que acabo de escribir é certo aínda que pareza incrible despois de estar en Filadelfia cos pais da nación Americana acabou en Vilamartín de Valdeorras, onde o final morreu, pero esa é unha longa historia que agora contaremos.
Contexto Histórico
Aínda que relatemos a vida de Ruiz de Padrón, situarémonos no contexto histórico da parte mais importante da súa vida.
Corría o ano 1812 España levaba catro anos invadida polas tropas Napoleónicas, a Xunta Central Suprema creada despois da victoria contra os Franceses en Bailen, ordenou a creación das Cortes Extraordinarias e Constituíntes. As cortes tiveron que reunirse en San Fernando e logo na cidade de Cádiz, sitiadas polas tropas Francesas.
Nas reunións participaron representantes de tódalas provincias españolas, e tamén dos territorios Americanos e Filipinas. Houbo tres grandes correntes, a absolutista, (monárquicos que defendían o poder absoluto dos Borbóns) Jovellanistas, ilustrados e defensores das reformas, pero nunca de caracter revolucionario e mais os liberais que defendían a adopción de reformas inspiradas na revolución Francesa. Ruiz de Padrón foi deputado polas illas chamadas menores, Lanzarote, Fuerteventura, El Hierro y La Gomera. Nas referidas cortes o abade Canario sería un dos persoaxes mais destacados.
Biografía.
Este Ilustre Canario naceu na vila de San Sebastián de la Gomera o 9 de novembro de 1757 nunha vivenda aínda conservada na actualmente denominada ‘Calle del Medio’
A súa familia era de clase acomodada e relixiosa, e Antonio dende moi pequeno xa manifestou curiosidade e ganas de aprender. Adquiriu a súa formación básica no Mosteiro Franciscano que existía en San Sebastián de la Gomera.
Cando contaba con 16 anos o tráxico suceso da morte da súa mai foi un dos incentivos que o fixo abandoar a illa e marcharse a Tenerife a continualos estudos. Unha vez na illa de Tenerife ingresa no convento de San Miguel de Las Victorias. Foi ordenado en 1781, en nese mesmo ano fíxose membro da Real Sociedad Económica de Amigos del País, demostrando así o seu afán polas ideas Ilustradas.
A Emigración
Ante as limitacións da vida na illa, as ganas que tiña de coñecer mundo, e a falta de oportunidades no arquipélago decidiu en 1785 irse a La Habana , onde residía un tío del tamén Franciscano.
Parte do porto de Santa Cruz de Tenerife rumbo a Cuba (aínda baixo dominio Español), pero o destino é caprichoso e tende a mover as fichas de forma inesperada, unha tempestade desviou o barco rumbo o sur duns incipientes Estados Unidos, en concreto a Pennsylvania.
Vida nos Estados Unidos
Unha vez arribado en América diríxese cara Filadelfia, lugar onde se fraguara a independencia norteamericana, con notable actividade cultural e con unha abundante colonia de católicos, inmigrantes Alemáns e Escoceses en maioría. Por aquel entonces en Filadelfia vivía un inquedo Benjamin Franklin, que acabaría sendo veciño e amigo do noso párroco.
Franklin invitaba a Ruiz de Padrón as charlas e tertulias que se celebraban na súa casa, as que asistían ilustres invitados coma George Washington, a maioría dos participantes eran todos protestantes e de ideas liberais relacionadas ca masonería, moitos sorprendíanse de ver a un sacerdote católico sometido os retrógrados ditamens de Roma, que nembargantes falaba de liberdade, igualdade e xustiza social.
Así a todo era moi criticado polos seus contertulios pola existencia da inquisición, un estamento retrógrado. Estimulárono para que fixera publico a súa rexeita a inquisición no seu sermón dominical.
Dito sermón escribiuse en inglés, e distribuíuse por todo o pais, facéndose moi famoso o seu contido, que colaborou a mudala visión retrógrada que o mundo anglosaxón tiña sobre os católicos. Esta actuación fíxoo moi famoso na zona, e ca súa influencia logrou converter o catolicismo a importantes familias do estado de Maryland, ademais de participar na xunta que conseguiu que o Papa Pío VI creara o Bispado de Filadelfia.
![]() |
Benjamin Franklin o seu regreso a Filadelfia no 1785, Porto onde meses mais tarde arribaría Ruiz de Padrón |
Un ano despois chegou por fin a Cuba, e comezou a criticala esclavitude, unha das fontes economicas da illa, estas criticas incrementaron o seu numero de inimigos, facéndoo marchar o ano seguinte cara Madrid.
Volta a España
Chega a Madrid intentando buscar a luz da Ilustración, pero o que atoa alonxase moito do que agardaba, defraudado ca vida dentro do mosteiro de San Franciasco el Grande, pídelle o Papa Pío VII unha secularización para poder viaxar por Europa, este concédella e viaxa por Francia e Italia, voltando a España en 1802 para convetirse no abade de Quintanilla de Somoza, un pobo castelán da diocese de Astorga en pleno corazón da Maragatería.
Cinco anos mais tarde e sen trascender os motivos presentase a Abade de Vilamartín de Valdeorras, cargo que gaña tras brillante oposición, así o determina a Real Cédula do 6 de Outubro de 1807. Toma posesión do seu novo destino o 6 de Marzo de 1808, menos dun ano despois os Franceses arrasan a súa anterior parroquia.
![]() |
Foto de Cima de Vila, Barrio Vilamartinés en ruinas onde se atopaba a antiga casa parroquial onde residiu o abade canario. |
Vida Política
Un dos feitos mais destacados da vida deste ilustre abade foi a súa participación nas Cortes de Cádiz, as que partiu dende Vilamartín despois de catro meses de enfermidade có tiveron encamado, Ruiz de Padrón tivo que facer a ruta Ourense, Vigo, Oporto, Lisboa Cádiz para poder chegar a tempo as Cortes, e poder esquivar os Franceses, recorrido que agravou a enfermidade que o limitaría nos momentos mais importantes ata o final dos seus días.
O abade toma posesión do seu cargo o 13 de decembro de 1811, e centra os seus esforzos en conseguir dúas abolicións, o voto de Santiago, e a Inquisición.
Defensa da Abolición do Voto de Santiago
Este era un tributo de pan e viño que os habitantes de Galicia, León e parte de Castela entregaban o Arzobispado. Ruiz de Padrón coñecia o tema dende a súa estancia en terras galegas, e preparou un forte discurso que non puido ler el mesmo nas Cortes por enfermidade e no que sostiña `` El origen del voto es una vergonzosa fábula, tejida con artificio y astucia bajo la mascara de la piedad y la religión, abusando descaradamente de la ignorancia y credulidad de los pueblos´´
A proposta foi aprobada por 85 votos a favor contra 26 e a supresión deste voto encheu de satisfacción o abade.
Foi o 22 de febreiro de 1813 cando por 90 votos contra 70, as Cortes de Cádiz acordaron abolir o Santo Oficio. A maioría dos cronistas da época coinciden en valorar como brillante e decisivo o discurso de Ruiz de Padrón para a obtención do resultado final.
Como mostra da súa brillante oratoria e defensa da liberdade e igualdad dos seres humanos poñemos un fragmento dun discurso de Ruiz de Padrón do 1814
``Estoy seguro que nadie me gana en el amor que profeso a la libertad civil del ciudadano, libertad fundada en las leyes. Siempre he detestado hasta el nombre de vasallaje, como indigno de una nación noble y generosa que con asombro del mundo ha sabido sacrificar todo por su libertad e independencia. La nación no debe retrogradar un punto de la ilustre carrera que ha emprendido, y en la que ha dado ya pasos de gigante´´.
![]() |
Antonio Ruiz de Padrón |
Unha vez abandoada España polos franceses, e a volta do absolutismo da man do infame Fernando VII, a conservadora igrexa católica non lle ía perdoar a defensa liberal dos dereitos dos españois, e o Bispo Manuel Vicente Marinez inicia un proceso contra el acusándoo de liberal, e de socorrer os franceses, foi condeado a cadea perpetua nun convento, algo moi duro para el xa que se afunde moralmente, véndose encadeado, e como todas as ideas que defendeu e polas que pelexeou o longo da súa vida foran derrocadas poloo absolutismo e o seu pais volta de novo a idade media cando o resto de nacions avanzan con foraza cara a democracia.
Ruiz de Padrón recurre os cargos dos que se lle acusa e consegue desmentir punto por punto tódalas acusacións, co que é absolto.
Volve a exercer como párroco en Vilamartín, ata que é reclamado de novo polas cortes de Madrid grazas o levantamento de Riego, e o trienio liberal, esta vez éo abade ocupa o seu cargo nas cortes como representante da provincia de Ourense, no que volve a pedir a eliminación dos impostos abusivos.
A súa enfermidade fórzao a voltar a Vilamartín onde fina o 8 de setembro de 1823.
A súa tumba, casa parroquial, igrexa e libro de defunción da época desapareceron.
Otero Pedrayo dixo: ‘’Tal vez morreu de terror e soidade’’, o terror era comprensible cá volta absolutista de Fernando VII, pero de soidade non é probable, xa que na súa estancia en Vilamartín sempre o acompañou unha sobriña que casou e viviu en Portela.
Antonio José Ruiz de Padrón sigue vivo na memoria dos canarios e vilamartinenses, mostra delo dan a placa conmemorativa na sua casa natal
E a escultura e homenaxe que lle fixo o pobo de Vilamartin o carón da igrexa nova.
Monolito na Honra do Abade de Vilamartin Antonio Ruiz de Padrón Inaugurado o 19 de Marzo do 2012 |
Bibliografía
Antonio josé Ruiz de Padrón. Cuaderno monográfico Instituto de Estudios Valdeorreses
E coma recomendación o libro Titulado: La Isla Transparente
Primera novela histórica sobre el Canario que derribó a la inquisición Antonio Ruiz de Padrón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario