A ferrería é un tesouro oculto entre San Vicente e o Mazo, é un lugar máxico, sobre todo en outono cando a comarca amosa a súa maior variedade de cores, e a luz do sol brilla mais tenue que nunca.
Neste recuncho de Valdeorras respirase paz e natureza a cada paso, namentres nos perdemos entre os seus centenarios castiñeiros.
Nada que ver cos seus anos de esplendor, nos que o seu estratéxico lugar (preto do ferro, do carbón e da auga) facían desta ferrería un dos lugares mais importantes do val.
Historia
Foi fundada a principios do século XVIII cara o ano 1717, polos frades Benedictinos de Santa María la Real de Samos.
A ferrería era abastecida pola mina de ferro de Formigueiros, na parroquia de Visuña. A mina era a ceo aberto e nela os ``Banaqueiros´´ traballaban con picos e palas xa que non usaban pólvora, o ferro que sacaban vendíano nas ferrerías.
![]() |
Un dos laterais no que se aprecia o seu abandono e deterioro |
Según un artigo de José Antonio Balboa de Paz sobre as ferrerías, di que un viaxeiro e escritor da época que a visitou no 1830 calificouna como unha das mellores de España.
![]() |
Na Imaxe superior podemos apreciar duas columnas de pedra, que posiblemente formaron parte da escaleira para subir o segundo andar. |
Durante muitos anos a ferrería estivo en mans do Mosteiro de Samos, pero durante o século XIX cá desamortización de Mendizábal, a ferrería pasa a mans da familia Martinez Criado, residentes na época na localidade de Sabero e Ponferrada.
![]() |
Nesta imaxe podemos ver o grosor das paredes de pedra que nalgunhas zonas alcanza o metro de ancho. |
Na actualidade a Ferrería de San Vicente de Leira está en claro estado de abandono e ruína, pero o seu carón conserva un elemento sustitutivo en importancia na zona como é a minicentral hidráulica.
![]() |
Reformada e en funcionamento dende 1994, cunha potencia de 772 KW.
Funcionamento
A ferrería usaba uns ``barquines´´ ou grandes foles accionados por unha roda hidráulica. A necesidade de auga para facer accionar os ``barquines´´ e mais o mazo explican a súa localización o carón do río Leira. Usábase unha ``chapacuña´´ que desviaba a auga do río o canal, que a conducía o estanque ou ``bazao´´, comunicado cun chan de madeira ou pizarra no que se atopaban dúas aberturas polas que caía a auga que movía as rodas que accionaban os ``barquines´´ e mais o mazo.
O mineral de ferro, previamente calcinado o aire libre, era reducido no forno por medio de carbón vexetal, despois a zamarra que saía do forno era estirada en barras, no mazo (unha especie de martelo de grandes dimensións) movido pola roda hidráulica.
DENUNCIA
Como xa temos dito varias veces queremos que este blog sirva para poñer en coñecemento da xente o sufrimento do noso patrimonio, o de tódolos Valdeorreses.
Cando me dirixía a Ferrería sabía o que me iba atopar, sabía que centos de anos de abandono, mais as obras para a central electrica que arrasaron con gran parte do complexo, e da canalización que levaba a auga o interior da ferrería, so poucas pedras podian quedar en pé.
O que nunca me imaxinei foi atopar o río Leira cunha escuma sospeitosa, que como se pode apreciar nas imaxes que subo a continuación, transforma o fondo do río e deixa as pedras polas que pasa a auga brancas.
Non sei se isto é contaminante nin quero acusar a ninguen de nada, pero é preocupante e moi feo a vista ver o rio desta forma, sei que as imaxes falan por si soas. Agardo que esto se poida arranxar e poder voltar a ver limpo o cauce deste río.
As ferrerías de este tipo traballaban entre 200 e 250 días o ano, cunha producción media de 70 a 90 Tm.
![]() |
Nesta imaxe podémonos facer unha idea de como sería o mazo co que se traballaba o ferro. |
DENUNCIA
Como xa temos dito varias veces queremos que este blog sirva para poñer en coñecemento da xente o sufrimento do noso patrimonio, o de tódolos Valdeorreses.
Cando me dirixía a Ferrería sabía o que me iba atopar, sabía que centos de anos de abandono, mais as obras para a central electrica que arrasaron con gran parte do complexo, e da canalización que levaba a auga o interior da ferrería, so poucas pedras podian quedar en pé.
O que nunca me imaxinei foi atopar o río Leira cunha escuma sospeitosa, que como se pode apreciar nas imaxes que subo a continuación, transforma o fondo do río e deixa as pedras polas que pasa a auga brancas.
![]() |
Cauce do río Leira con fondo branco e con escuma as beiras. |
Non sei se isto é contaminante nin quero acusar a ninguen de nada, pero é preocupante e moi feo a vista ver o rio desta forma, sei que as imaxes falan por si soas. Agardo que esto se poida arranxar e poder voltar a ver limpo o cauce deste río.
![]() |
Como podemos observar na parte dereita da imaxe a auga está limpa e clara ata que se xunta ca auga que sae da central. |
![]() |
Cauce do río Leira. |
Muy buen blog, "sr historiador"
ResponderEliminar@mike1987
Me encanta con ocer todas estas historias de mi tierra...se muchas que me contó mi padre pero veo que me faltan muchas mas...agradecida de que compartas ....
ResponderEliminarMe encanta con ocer todas estas historias de mi tierra...se muchas que me contó mi padre pero veo que me faltan muchas mas...agradecida de que compartas ....
ResponderEliminar