martes, 14 de febrero de 2012

A Batalla do Monte Medulio

Contiunamos falando da Valdeorras pre-romana, o tema do que vamos a falar a continuación refírese as guerras Cántabro – Ástures, contra a invasión romana, e a implicación de Valdeorras  e dos Valdeorreses de aquela época nelas.

Resulta difícil saber a razón última das guerras que sostivo roma contra os gerreiros Galaicos xa que as fontes non o indican e os estudos arqueolóxicos non aportan nada o respecto, pero do que si estamos seguros é que desta forma os romanos poñían fin o merodeo e pillaxe das tribus, entre os pobos veciños do sur do Douro, relativamente mais ricos ca eles, ademais de poder establecer unhas  fronteiras que permitiran a vida en paz dos cidadáns romanos.

Mapa dos pobos Pre-romanos de  http://legio-v-alaudae.blogspot.com   

E imposible falar das últimas guerras contra os romanos sen mencionar a batalla do monte Medulio, monte polémico pola incógnita da súa situación verdadeira, xa que son moitos os historiadores que o sitúan o longo da xeografía do noreste peninsular, nos limitarémonos a contar a historia da batalla, e a mencionar os posibles enclaves, xa que as contradiccións dos historiadores da época, e as similitudes cos topónimos de varias zonas, fain difícil a súa localización exacta.



Batalla do Monte Medulio

Según Floro no ano 25 a.c.  ten lugar a toma do monte Medulio, e esta anunciaselle a Augusto que se atopaba invernando en Tarraco (Tarragona), anos antes o mesmo emperador Augusto mandou as lexións de Cayo Furnio e Publio Carisio a aplastar a resistencia Galaica, Cayo Furnio, que desembarcou en Brigantium (A Coruña) foi o encargado de conquistar as montañas mais ásperas e os montes mais escabrosos da actual Galicia. A súa tarea consistíu  na conquista das tribus cércanas  as serras de San Mamede, Cabeza de Manzaneda, e as estribacións da Serra Segundera, para evitar que os Gigurros, Tiburos, Bíbalos e outros pobos das comarcas limítrofes atacasen as columnas que partiran de Astorga para levar a cabo a ofensiva.

Recreación de guerrerios  http://www.losviajeros.com   

Os habitantes de Trives, o Bolo e Valdeorras (Tiburi e Gigurri) foron cerrados por Cayo Furnio na zona montañosa onde se ubicaban os xacementos auríferos, As Medulas alí viron cortada a súa retirada cara o Monte Vindio, polas tropas de Carisio que partiran dende Astorga.

  As Lexións Romanas despois de rodear a os Bárbaros no monte, fain un foso de 25km, e o rematalo comeza o ataque por tódolos flancos, os sitiados enfrentanse con todala súa furia, o que converte a batalla nunha brutal carnicería, os lexionarios son mercenarios traídos das tríbus mais sanguinarias dos recunchos mais afastados do imperio, os cadáveres cóntanse por miles en ámbolos dous bandos, o sitio dura meses, pouco a pouco a fame e as enfermidades causan estragos entre os sitiados, según o historiador romano Lucio Anneo Floro cando os sitiados atopábanse totalmente esgotados, fixeron unha fogata e unha festa, trala cal uns tiráronse o lume, outros cravábanse a espada ata morrer, e as nais daban os seus fillos un veleno extraído dos teixos, que logo tomaban elas, de tal maneira que cando os romanos chegaron o cumio do monte Medulio so atoparon cadáveres, non puideron facer prisioneiros, para levalos de escravos”.

Ante o dilema de rendezón ou morte, optaron pola última,  rodeado o monte polos soldados romanos a poboación autóctona deuse morte voluntariamente bebendo un veleno extraído dos Teixos, suicidándose en masa antes de permanecer escravos dos invasores romanos.



Tanto o historiador Floro coma Osorio relatan a resistencia heroica dos nosos antepasados, probablemente porque ámbolos dous beberon da mesma fonte, os textos de Tito Libio do cal perdeuse o orixinal. 

Digno de nota é que este é un relato dunha batalla protagonizada polos habitantes da comarca e arredores que se relaciona cá mítica batalla do monte Medulio segun algúns historiadores. Ninguén pode afirmar cal é o lugar exacto do mítico monte nin da refrega pero o longo dos anos algúns historiadores foron dando nomes da súa posible ubicación.


POSIBLES LOCALIZACIÓNS DO MONTE MEDULIO.

En Asturias

Según alguns, ubicaríase nos montes do concello de Lena, Outros ubicano no ‘Picu Cervera’ no ‘Castro Meduales’ en Belmonte de Miranda.

 

Picu Cervera 

No Bierzo

Algunhas interpretacións das fontes clásicas sitúano preto do Bierzo en León, nas Medulas, preto das minas de ouro que tamén explotarían os romanos, o cal explicaría a toponimia do lugar, outras creen situalo nas montañas da serra dos Ancares entre León e Lugo.


As Medulas http://www.leonnaturalmente.com   


 

En Galicia

 

Con todo Paulo Osorio, sitúao preto do río ‘Minio’, que puido ser o Miño, o que leva a Vicente Risco a descartar a tese de Sarmiento no que o antigo Miño era o Sil, o que fai pouco probable segun el que unha das ubicación sexa o Monte Médelo en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) ou Santa Tegra (A Guarda) teoría de Schulten.

 

Estudos modernos establecen una hipótese que o situaría nun dos montes da serra do Caurel (Lugo), o Monte Cido do cal o topónimo podería provir da voz latina ‘Occidio’ (matanza, carnicería) e no cal se poden apreciar os restos dun foso, coma o que se fixo para sitialo monte, e no que se descubriron  vestixios romanos como unha aguila imperial de bronce procedddente dun estandarte.

Outros autores afirman que se atopa na Serra da Lastra.

 

Serra da Lastra (Rubiá) http://www.viveaonatural.xunta.es   

 

O que nos que da hoxe en día do Medulio é o ar mitico da batalla e de cómo un pobo preferíu morrer a caer en mans do inimigo, e o mais sorprendente é a forma dese pobo de afrontala morte, será difícil atopar algún día a situación exacta, unhas veces polas imprecisons dos historiadores da época, que poida que confundiran o Sil co Miño, e outras polos motivos externos que sempre rodean a estes feitos historicos.

 

Galicia, e en concreto a nosa comarca ten unha historia abraiante, da que pouco coñecemos, boa parte de culpa téñena os modelos educativos, debería ser obrigatoria unha asignatura que ensinara a historia de cada comarca, por que resulta preocupante que a xente creza sen coñecer a historia dos montes, casas, paisaxes e xentes que os rodean, esa é unha forma tamén de axudar a amar mais a nosa comarca.

 

 

Bibliografía

Valdeorras de cara al año 2000.
Isidro García Tato. Instituto de Estudios Valdeorreses
www.Wikipedia.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario