jueves, 5 de enero de 2012

As Primeiras Noticias de Valdeorras na Historia.

As primeiras noticias coñecidas do ‘’Homo gigurricus’’ non van mais alá  da época romana, ben é certo que a grande abundancia de castros, mámoas, petroglifos, monumentos megalíticos ou de obxectos de bronce poñen en evidencia a actividade humana  nestas terras no neolítico, pero ata a época romana non temos noticias expresas e claras  dos primeiros poboadores da actual comarca de Valdeorras.

A primeira referencia o pobo valdeorrés atopámola na ‘’Naturalis Historia’’ de Plinio, que cita o pobo dos ‘’Gigurri’’ como un dos 22 que integran o ‘’convento jurídico asturicense’’ Os gigurri menciónanse na lápida atopada en A Rúa: ‘’ L. Pompeio L.f. Reburro fabro gigurro calubregensi’’

Foto: http://www.dovaldeorras.tv/img/Valdeorras/Historia/Lapida.jpg

L(ucio) Pompeio L(uci) f(ilio) Pom(ptina) Reburro Fabro Gigurro Calubrigen(si), probato in coh(orte) VII pr(aetoria), beneficiario Tribuni, tesserario in 7 (centuria) optioni in 7 (centuria), signiero in 7 (centuria), fisci curatori, corn(iculario) Trib(uni), evoc(ato) Aug(usti), L(lucius) Flavius Flaccinus.
h(ere) ex t(estamento)
Lucio Flavio Flacino, heredero testamentario, dedicó este monumento a Lucio Pompeyo Reburro Fabro, hijo de Lucio, de la tribu Pomptina, natural de Calúbriga en los Gigurros, aprobado en la cohorte VII pretoriana, beneficiario del Tribuno, teserario de centuria, vice-centurión, portainsignia de centuria, procurador del fisco, corniculario del Tribuno, evocado del Emperador


 Nesta lápida a ''Origo'' (patria) deste home indicase pola tribu dos Gigurri , e por cidade Calubriga , de maneira que Calubriga era a cidade dos Gigurri. Por outra banda Ptolomeo da ós gigurri coma capital Forum Egurrorum. Todo parece indicar que o nome indíxena de orixe celta Calubriga, transformouse no nome romano Forum Gigurrorum.

Outra cidade valdeorresa da época sería Gemestarium, tratase dunha estación na vía septentrional 18 de Bracara a Astúrica, que estaría situada entre Bergidum Flavium e Forum Gigurrorum nas proximidades dos picos de Oulego.


Foto: Siro M. http://www.panoramio.com/photo/61737744

Situación de Calubriga

Tendo en conta a situación e os asentamentos da época, Calubriga estaría situada nun altiplano, onde era fácil fortificarse contra os enemigos. O lugar exacto da súa ubicación é moi difícil de precisar, xa que examinando a topografía e xeografía valdeorresa hai moitos lugares que poden reunir esas características, entre os que podemos citar, o castro de Valencia do Sil, a Cigarrosa, As Medorras, O castro...

Algúns autores coma Millán González Pardo que en 1965 sitúa Calubriga en O Castro apoiándose na topografía do terreo, e no topónimo mais próximo a Calabagueiros, derivado do antigo Calubrigarios, ademais que o trazado da Vía Nova a traves do Castro, con unha ciclometría que non se atopa en toda a Vía. Non obstante permanecerá a dubida ata que unhas excavacións   arqueolóxicas serias pódano aclarar.



A estes celtas, témolos que imaxinar como dados sobre todo o pastoreo e a guerra, segun a descripción que fan deles Avieno e Polibio; Viven diseminados en aldeas sen murallas, descoñecen o que é o benestar. Non teñen outro leito que a palla, non comen mais que carne, nunha palabra levan a vida mais sinxela das vidas. Alleos a todo o que non sexa a guerra e o pastoreo, descoñecen as ciencias. A súa riqueza consiste en Ouro e rabaños, as únicas cousas que poden levar consigo e desprazar a calquera distancia.


Información sacada de : Valdeorras de cara al año 2000.
Isidro García Tato. Instituto de Estudios Valdeorreses.
Texto da lápida e traduccion: http://www.arua.es/historia_valdeorras.html


É unha pena que tendo como mínimo constancia de tres importantes castros existentes na época como podían ser Calubriga, Gemestarium, e Nemetobriga ( este último supostamente en Trives), hoxe en día non saibámola súa localización exacta, nin poidamos conservar ningún nunhas mínimas condicións como se conservan  no resto do pais, así a todo a Valdeorras pre-romanica é un anaco de historia que aínda ten moito por descubrir.