miércoles, 7 de diciembre de 2011

Escaramuzas da Guerra de Independencia en Valdeorras (I parte)

Desta vez no Blog de Historia de Valdeorras falamos dun dos acontecementos mais importantes transcorridos na comarca, como foi a Guerra de Independencia contra os franceses. Valdeorras foi víctima da opresión, dos abusos e matanzas do exercito Francés o seu paso, perseguindo o exercito do Marques de la Romana.  Foron tempos de medo e incerteza, xa que vían fuxir o único exercito cos podía protexer.
Os Valdeorreses non se amedrentaron, botáronse o monte e en guerrillas e ataques organizados conseguiron infrinxir grandes danos os franceses, unha desas escaramuzas é este episodio que hoxe reproducimos.


Contexto Histórico.

A finais de 1808 o Comandante Marchand incorporouse o 6º Corpo do exercito, que comandaba o Mariscal Ney. Que foi enviado na persecución das tropas Británicas de John Moore, que seguidas polo Marques de la Romana adentrabanse en Galicia. O Comandante Marchand enviado á retaguardia entra en Galicia polo Bierzo e Valdeorras.

Mapa Extraido de ``Valdeorras en la Guerra de la Independencia´´
de Ramón López Caneda.


``A equipaxe de Marchand e as botas de Xosé Quiroga´´

``Era o 20 de Xaneiro de 1809 cando chega o Barco un convoi formado por un coche, unha galera e varios carros; cen soldados mandados polo coronel veñen dando escolta a equipaxe de Marchand. Ese mesmo día nunha rúa do Barco, Xosé Quiroga defendese a garrotazos de catro franceses os que lle apetecían as súas botas; mata a un, fere gravemente a outro e pon en fuga os dous restantes.


Exercito Francés avanzando.
Foto: Asociacion Alverde.

O día 21 o convoi continua camiño de Ponferrada; acósano os paisanos ata Pontenovo, onde os obrigan a abandonala galera. Seguen tiroteándoos ata a Médoa, e perséguenos ata o Púente de Domingo Florez, obrigándoos a deixar polo camiño tódolos carromatos menos un; van quedando tamén polo camiño o coche (cas mulas), sabres, sombreiros, fusís e mochilas.

O resultado desta acción foi ``matar 14 franceses, coller tódolos papeis da división de Marchand, a súa equipaxe, o de La Villet, varias mulas e cabalos, e mais de 100 maletas e mochilas sen que pola nosa parte tiveramos baixa algunha.

Nomes a recordar, coma protagonistas do acoso os Franceses, O Presbítero D. Ramón Tato, O Ferreiro de Millarouso Diego Núñez, Manuel Vázquez e unha docena mais de anónimos esforzados.´´


Bibliografía:
Texto extraído do Libro ``Valdeorras en la Guerra de la Independencia´´ de Ramón López Caneda.
Editado polo Instituto de Estudios Valdeorreses.

domingo, 27 de noviembre de 2011

A Ferrería de San Vicente de Leira



A ferrería é un tesouro oculto entre San Vicente e o Mazo, é un lugar máxico, sobre todo en outono cando a comarca amosa a súa maior variedade de cores, e a luz do sol brilla mais tenue que nunca.



Neste recuncho de Valdeorras respirase paz e natureza a cada paso, namentres nos perdemos entre os seus centenarios castiñeiros.



Nada que ver cos seus anos de esplendor, nos que o seu estratéxico lugar (preto do ferro, do carbón e da auga) facían desta ferrería un dos lugares mais importantes do val.


Historia


Foi fundada a principios do século XVIII cara o ano 1717, polos frades Benedictinos de Santa María la Real de Samos.
A ferrería era abastecida pola mina de ferro de Formigueiros, na parroquia de Visuña. A mina era a ceo aberto e nela os ``Banaqueiros´´  traballaban con picos e palas xa que non usaban pólvora, o ferro que sacaban vendíano nas ferrerías.


 
Un dos laterais no que se aprecia o seu abandono e deterioro

Según un artigo de José Antonio Balboa de Paz sobre as ferrerías, di que un viaxeiro e escritor da época que a visitou no 1830 calificouna  como unha das mellores de España.


Na Imaxe superior podemos apreciar duas columnas de pedra, que posiblemente formaron parte da escaleira para subir o segundo andar.


Durante muitos anos a ferrería estivo en mans do Mosteiro de Samos, pero durante o século XIX cá desamortización de Mendizábal, a ferrería pasa a mans da familia Martinez Criado, residentes na época na localidade de Sabero e Ponferrada.

 
Nesta imaxe podemos ver o grosor das paredes de pedra que nalgunhas zonas alcanza o metro de ancho.



Na actualidade a Ferrería de San Vicente de Leira está en claro estado de abandono e ruína, pero o seu carón conserva un elemento sustitutivo en importancia na zona como é a minicentral hidráulica.



Reformada e en funcionamento dende 1994, cunha potencia de 772 KW.


Funcionamento

A ferrería usaba uns ``barquines´´ ou grandes foles accionados por unha roda hidráulica. A necesidade de auga para facer accionar os ``barquines´´ e mais o mazo explican a súa localización o carón do río Leira. Usábase unha ``chapacuña´´ que desviaba a auga do río o canal, que a conducía o estanque ou ``bazao´´, comunicado cun chan de madeira ou pizarra no que se atopaban dúas aberturas polas que caía a auga que movía as rodas que accionaban os ``barquines´´ e mais o mazo.
O mineral de ferro, previamente calcinado o aire libre, era reducido no forno por medio de carbón vexetal, despois a zamarra que saía do forno era estirada en barras, no mazo (unha especie de martelo de grandes dimensións) movido pola roda hidráulica.

As ferrerías de este tipo traballaban entre 200 e 250 días o ano, cunha producción media de 70 a 90 Tm.


Nesta imaxe podémonos facer unha idea de como sería o mazo co que se traballaba o ferro.

DENUNCIA

Como xa temos dito varias veces queremos que este blog sirva para poñer en coñecemento da xente o sufrimento do noso patrimonio, o de tódolos Valdeorreses.
Cando me dirixía a Ferrería sabía o que me iba atopar, sabía que centos de anos de abandono, mais as obras para a central electrica que arrasaron con gran parte do complexo, e da canalización que levaba a auga o interior da ferrería, so poucas pedras podian quedar en pé.

O que nunca me imaxinei foi atopar o río Leira cunha escuma sospeitosa, que como se pode apreciar nas imaxes que subo a continuación, transforma o fondo do río e deixa as pedras polas que pasa a auga brancas.



Cauce do río Leira con fondo branco e con escuma as beiras. 

 Non sei se isto é contaminante nin quero acusar a ninguen de nada, pero é preocupante e moi feo a vista ver o rio desta forma, sei que as imaxes falan por si soas. Agardo que esto se poida arranxar e poder voltar a ver limpo o cauce deste río.



Como podemos observar na parte dereita da imaxe a auga está limpa e clara ata que se xunta ca auga que sae da central.

Cauce do río Leira.




 

martes, 22 de noviembre de 2011

Breve avance Histórico sobre a comarca.


Foto Bob Fisher



Valdeorras é un enclave estratéxico, por ser unha das entradas naturais a Galicia, aproveitando o curso do rio Sil, foi o paso de invasións e migracions  con destino o interior de Galicia. O historiador romano Plinio durante a invasión romana de Gallaecia, escribiu as primeiras citas históricas sobre os habitantes da nosa comarca, que se facían chamar Gigurros.

Logo da chegada dos romanos houbo un punto de inflexión na importancia e crecemento do val, ca creación da  Vía XVIII ou Vía Nova, con ela os romanos conseguiron darlle un impulso o comercio, ademáis da rapidez ca que podían transportar o ouro que extraían das Medulas, ou do rio Sil.

Os seguintes en poboar a comarca foron os suevos e visigodos. Cá chegada do cristianismo e co paso do tempo un pequeno  paraxe das terras do Bolo cobrou gran importancia na zona, ca construcción en 1624 do templo de culto a Santa María das Ermidas.

Durante a Guerra de independencia de 1808 Valdeorras sufríu o paso das tropas Francesas, que perseguían o exercito inglés en retirada.
A finais do século XIX ca inauguración por parte de Alfonso XII da liña férrea Palencia – A Coruña, o 1 de setembro de 1883, a comarca recibe un gran impulso económico de cara o futuro e a modernización do val.

Duranteo o século XX o sector económico centrase nas primeiras explotacións importantes de louxa, e no incremento de producción e venda de viño.